A xestión dos montes veciñais en mancomún é continuación dunha forma de goberno comunitaria de longa tradición nas sociedades europeas. No Baixo Miño son múltiples os exemplos desta forma de proceder, moitos pasados, pero outros aínda presentes, que é interesante recoñecer e poñer en valor para mellorar as formas de xestión nas nosas sociedades e economías.