Hoxe en día, mais da metade de Galicia está cuberta de árbores. Iso é ao redor de 1 millón e medio de hectáreas. Sen a influencia humana, Galicia estaría cuberta de bosques en case toda a superficie terrestre. As árbores son fundamentais para a nosa supervivencia, así como para a de infinidade de seres vivos. Ao producir osíxeno permiten que podamos respirar. Protexelos e coidalos é protexer nosa propia vida
O bosque é un hábitat cun alto nivel de biodiversidade, miles de especies de plantas e fungos, centos de especies de animais. Pero o uso que facemos do bosque nunhas ocasións e o seu abandono noutras, ameaza ista diversidade única. Os monocultivos, os desmontes, o uso de pesticidas, os incendios provocados entre outras prol a falta de coidado están a destruílos e con iso o hábitat de innumerables especies animais e vexetais afectando en ultima instancia a nosa propia supervivencia.
A nosa comunidade asume directamente cos seus propios traballadores a limpeza de monte en rexenerado de pendente, roza e repoboación. Este traballo é fundamental para a súa conservación e a prevención de incendios forestais.